¿Coñeces os segredos do Pazo de Isabel II? Parte I



 Ler en Galego       Leer en Castellano


Esta xoia do século XIX,  semi oculta entre anos de abandono en San Pedro de Anca, na zona do Roxal , foi una das fábricas téxtiles máis importantes de toda Galicia.



Comenzamos esta historia a mediados do século XIX, cando os irmáns Veiga deciden separar os seus camiños e emigrar un cara Francia e outro a illa de Cuba. A decisión non foi casual, os seus esforzos concentrábanse en unir forzas dende ambolos lados do Atlántico para adentrarse na emerxente industria textil. O plan era que un dos irmáns, Juan, encargaríase de exportar bens fabricados en algodón dende Francia para que Tomás, dende Cuba, os comercializase e repartir así as ganancias. A idea foi todo un éxito xa que a colonia de ultramar precisaba dunhas telas moi concretas de algodón que aguantasen os embites das duras condicións climatolóxicas propias do Caribe.




O ano 1843 marcará un punto de inflexión para os Veiga López ya que, tras gañar un gan prestixio entre os comerciantes de algodón pola excelente calidade dos seus productos, deciden voltar a terra que os vira nacer para emprender carreira en solitario. ¿Sufrían de morriña? ¿deixaran atrás algunha rapaza que non podían esquecer? O máis probable é que fora por razón máis prácticas e de loxística, xa que a exportación entre España e Cuba resultaba moito máis ventaxosa que dende Francia pero ¿quen nos asegura que non había una historia de amor destas como as das películas tras a súa volta? Todo permanecerá en incognita… Polo menos ata o momento.
Ah sí, ¿sabedes que máis acontece nese ano? ¡Comeza o reinado de Isabel II! ¿Sóavos o nome de algo? Tras unha rexencia marcada pola guerra civil carlista e o perigo de perder o seu dereito o trono, a xoven Isabel cumpre a maioria de idade e coróase como a nova raiña de España e as súas colonias. Pero non nos desviemos do tema, volvamos cos irmáns Veiga.




A Coruña foi o lugar elexido para construir a primeira fábrica téxtil da súa propiedade, a pesar de ter raíces ferroláns. O pobre desarrollo do porto de Ferrol foi a razón de este emplazamento. Pouco a pouco os beneficios foronse incrementado polo que decidiron comprar uns terrenos bañados polas augas do Belelle, na zona do Roxal en San Pedro de Anca (Neda) e establecer así alí unha segunda factoria.

A os poucos meses da súa inauguración comezan os problemas, ¿xa tardaban, non?. Os proveedores francesesdeciden reclamarlles tódalas deudas pendentes xa que eran altamente competitivos e ameazaban á mismísima industria téxtil gala.

 Obrigados pola situación, vense forzados a firmar un cuestionable acordo de amortizacióne tendo que abandoar o suculento mercado cubano por falta de cartos. Pero isto non ia frear as aspiracións dos Veiga!. Tras pensalo moito deciden crear unha nova sociedade: “Iniciativa Fabril”, constituida en Ferrol en abril do 84. 


O algodón xa non era unha opción polo que deciden aventurarse coa lana e o lino, trasladando dende a Coruña a maioria dos seus traballadores (moitos deles viñeran dende Francia con varias máquinas baixo o peto xa de paso sea dito). A excelente localización desta nova fábrica, aproveitando as augas do Belelle para mover as súas máquinas, fai que comecen a repoñerse do golpe, pero por motivos descoñecidos no ano 1847 ¡Tomás abandoa o barco e deixa ao seu irmán! ¿Habería unha muller de por medio ou serían problemas entre irmáns tras tantos anos de negocios en común? 



PARTE II


Bibliografía

www.estadepinga.es
www.neda.es
www.asociacionbuxa.es
www.lavozdegalicia.es
www.galiciaparaelmundo.com

Comentarios

Publicacións populares