O Antigo Hospital do Espíritu Santo



 Ler en Galego      Leer en Castellano

A actual torre do reloxo, construida no ano 1786 e un dos principais emblemas e símbolos da vila de Neda, agocha no seu interior un pasado ainda máis lonxevo e importante: o antigo Hospital do Espíritu Santo, lugar polo que pasarían miles de peregrins dende o século XVI no seu camiño cara Santiago ou tamén no seu caso en busca do pico de San Andrés de Teixido.


¿Cando e por qué fúndase o antigo hospital?

Nesta ocasión viaxaremos a Neda de comezos do século XVI, intersección de camiños e punto estratéxico de toda a comarca. Os señores Pedro García e Margarita Fernández foron os impulsores no ano 1500 de este centro onde se atendía tanto a enfermos como a peregrinos. Podemos apreciar nunha inscripción do dintel frontal que presidia a antiga capilla:

“ESTE ESPYTAL DE SANTE ESPYRITUS FEZO PERO GARCIA E MARGARYDA FERNANDEZ ANO MD”.

Pero ademais de estos benefactores, foron moitos os nobles e xentes do lugar que decidiron aportar tanto rentas como bens para que o hospital tivera por conseguinte todo o que precisase.

Fonte: recursosparaelcamino.blogspot.com.es

Orde hospitalaria do Sancti Spiritus


Esta orden relixiosa masculina, fundada a comezos do século XII en Francia por Guido de Montpellier, foi a encargada de expandir por todo o mundo a idea de estes hospitais de peregrinos. Dita labor prolongouse no tempo ata aproximadamente o século XIX, cando desaparece a súa presencia no noso país por mor das desamortizacións.



Malia iso, este non era o caso do hospital nedense, sendo nomeado en honor do Espíritu Santo e desta orden, pero non fundada directamente pola mesma. Tamén existiron este tipo de hospitais en Ferrol, Betanzos e Pontedeume, vilas polas que tamén pasaba o Camiño Inglés.


Fonte:http://sherezadeparaiso.blogspot.com.es


Máis de catro séculos en pé

Grazas as actas de defunción do Concello como as referencias testamentais que chegaron ata a nosa época podemos atestiguar como este hospital funcionou como tal ata ben entrado o século XIX. Será a mediados de este século cando a decadencia do mesmo comeza a ser visible ante a falta de fondos. 

Tras pasar por innumerables mans a institución disólvese a petición do concello para instalar nas súas dependencias as coñecidas como Escolas de Institución Primaria de ambos sexos no ano 1892. Finalmente será en 1934 cando se traslade a Casa Consistorial ao antigo edificio, suplantando totalmente o antigo hospital e derribando a antiga capilla.

Antigo Concello 1934

Na actualidade

Incluido no Inventario de Bens de Interese Cultural da Xunta de Galicia, na actualidad acolle as dependencias da Oficina Municipal de Rehabilitación e o Arquivo Municipal. No ano 2014 realizouse unha gran remodelación da fachada, cambiando considerablemente o seu aspecto e quitando elementos añadidos ao longo dos anos como cadros eléctricos, alumbrado público e cableado de telefonía.


Bibliografía

-          Anuario Cultural do Concello de Neda nº13 (2010)  http://studylib.es/doc/8633877/descargar---concello-de-neda
-          La hospitalidad en el Camino Inglés (José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, Manuel Pérez Grueiro, Ana López Brey: http://www.cronistadebetanzos.com/wp-content/uploads/2012/08/xacobeo.pdf
-          http://xacopedia.com/Neda
-          Los hospitales de peregrinos: de Ferrol a Santiago (María A.González Bonome) : http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/8708/CC39art14ocr.pdf?sequence=1

Comentarios

Publicacións populares